Aínda que Federico non é nado na nosa terra o seu vencello con ela é fondo coma as raíces dun carballo. Por iso decidimos invitalo as nosas xornadas “Son de aquí” proxectando o seu documental “Amelia de Terra de Montes” a través do cal descubrimos o seu amor pola nosa natureza.
Natural de Mondoñedo (Lugo) e residente en Pontevedra, Federico defínese como “naturista, productor e realizador audiovisual de documentais de natureza e etnográficos, educador ambiental e presentador de programas radiofónicos de temática medio ambiental” como reza na autobiografía que encabeza o seu blogue Federico de la Peña- Divulgación Audiovisual.
(Caricatura realizada por Fernando Ruibal “TTai”)
Ademais colabora nas revistas “Periplo” (INCAFO) e “Vida Silvestre” (ICONA) e foi gañador de diferentes premios como:
.Víctor López Seoane (1982)
. Ciudad de Pontevedra a los valores científicos (1983)
. Galicia de Micoloxía (1994)
. Prisma “Casa de las Ciencias” (1996)
. Ferpalia (2005)
. Prisma “Casa de las Ciencias” (2010)
“Este ambicioso documental sobre a comarca de Terra de Montes permitiranos apreciar a fermosura dun lugar no que natureza e tradición permanecen inalteradas. Federico de la Peña será quen de amosarnos unha parte importante da vida animal e vexetal desta zona nun percorrido polas distintas estacións do ano, deténdose preferentemente no outono e na primavera. Neste camiño teremos a oportunidade, tamén, de ollar un tradicional aparello: o muíño, noutros tempos elemento de grande importancia económica e social.
É esta unha viaxe pola natureza de Terra de Montes da man de Amelia, unha anciá que vive soa e que serve de base para afondar nos valores paisaxísticos do lugar. Amelia achegaranos, así mesmo, vellas tradicións e lendas que aínda se manteñen vivas, contos que pasaron de xeración en xeración pero que corren o risco de se perder.
Tradición e modernidade mestúranse neste traballo: as novas xeracións, por unha banda, que foxen cara á cidade, e os vellos, pola outra, que se resisten a abandonar a súa aldea e a súa forma de vida. Amelia é, precisamente, unha desas anciás que elixiu pasar os seus últimos días soa pero na súa terra, na Terra de Montes.”
(Fuente: Deputación Pontevedra).
Contamos de novo coa presencia de Franciso Rozados “ROCHI” pois foi o asesor lingüÍstico deste proxecto. Despois de visualizar o documental veu a rolda de preguntas e, gracias as explicacións de Federico, descubrimos que tamén algúns dos animais que saían no video eran auténticos actores coma os xabarís Chelo e Carmen. Amelia é en realidade veciña dalgúns rapaces de 6º e que se convirtiu en actriz gracias ao casting de David Raposeiras, pois o seu papel ía ser para outra muller que falecera antes da rodaxe. Unha das tomas máis complicadas foi a das troitas que tivo a Federico cinco horas metido no río sen moverse cunhas botas dúas tallas máis pequenas. Ver a un ourizo cacho bocexando ou a unha águia cazando en paraxes tan coñecidos para todos nós fixo que o público non perdera detalle.
Aproveitamos para agradecerlles a ámbolos dous a súa desinteresada colaboración cun pequeno agasallo para que non se esqueceran de nós e arricámoslles o compromiso de vindeiras colaboracións.
Muchas gracias amigos-as por dedicarme esta página. Seguiremos colaborando. Un abrazo. Fede
Pingback: FORCAREI, A MIÑA SEGUNDA TERRA DE ADOPCIÓN | Federico de la Peña - Divulgación Audiovisual