Dende o inicio da xornada, as rúas e prazas de Vilanova dos Infantes, na vila de Celanova, provincia de Ourense, convértense nun bulideiro de actividades, que teñen como principal obxectivo a exaltación das nosas tradicións: música e baile, oficios tradicionais, monicreques e saltimbanquis, xogos populares e exposicións etnolóxicas, e fan que por un día, a cultura tradicional do noso país reviva e se converta no centro de atención dun público de todas as idades.
Chegou o remate final da “Semana dos Oficios”no CEIP Nosa Señora das Dores!!!!
Os alumnos de 4º e 6º de Primaria presentaron os traballos que realizaron ao longo do curso sobre os dous oficios que aparecen representados, por un lado, polo fuso e a roca, e polo outro, por trece abellas,no novo escudo de Forcarei. Xa que ambas investigacións tiveron un punto de partida común tamén quixeron realizar a súas exposicións o mesmo día. E cantas sorpresas nos tiñan preparadas!!
O gran remate final veu da man dos rapaces de 6º que, xunto coas pandereteiras do colexio e a colaboración do profe Toño, interpretaron unhas cantigas que recolleran coa axuda de Brígida, a avoa de Seraina.
Brígida, a avoa de Seraina, foi fiandeira, e como as alumnas e os alumnos de 6º estamos a traballar este oficio tradicional, invitámola a nosa aula para que nos contara, de primeira man, un montón de cousiñas interesantes; ademáis, é unha pandereteira fantástica!
Os rapaces de 5º, da man do profe Julio, centraron o seu traballo ó redor do oficio dos ferreiros desnde a cultura castrexa ata a siderurxia moderna. Aquí vos deixamos un resumo do seu traballo.
Antes, os pequechos de 5 anos amosáronnos o que aprenderan sobre o oficio dos zoqueiros cun video e unha exposición oral.Trouxéronnos cousas moi curiosas deste oficio das que hai que destacar un libro desplegable que realizaron os tías dunha das nenas onde aparecía reflexado con todo detalle o taller dun zoqueiro. Se queredes ver algo máis deste traballo, acudide ao blogue da clase de cinco anos Ospicarosdevane.I
Hoxe tocoulles o turno de expor o traballo aos rapaces de terceiro. Estiveron todo o curso recollendo información, refráns,.. e inventando adiviñas sobre OS LABREGOS. Ademais ilustraron a súa exposición cunhas miniaturas de aparellos usados no noso campo nas tarefas cotiás. Bo traballo rapaces!!
De seguro que no blogue da profe Anabel (O recuncho das fadas) teredes moita máis información sobre o seu traballo.
Ao longo desta semana os alumnos do centro van a expoñer os traballos que realizaron para o Proxecto Documental Integrado deste ano. Dende a Biblioteca do centro propúsose coma tema Os Oficios Tradicionais na Terra de Montes seguindo a liña comezada na PDI do curso anterior onde traballamos distintos aspectos do noso concello.
Os primeiros en presentar as súas produccións foron os cativos de 3 e 4 anos que, partindo do conto da leiteira, traballaron un oficio moi arraigado na nosa terra: AS LEITEIRAS.
De seguido e, tomando como marco do seu traballo paraxes e monumentos da nosa terra, os rapaces de 2º convertíronse en verdadeiros expertos no oficio do cal a nosa terra pode sentirse moi orgulloso: OS CANTEIROS, ou mellor dito, OS ARXINAS.
Este ano na aula de PT, está de moda a poesía… Primeiro tocoulle o turno a Rosalía de Castro, e agora a Gloria Fuertes. Aquí tedes un video que resume un pouquiño o noso traballo, que foi moito!.
Aínda que Gloria Fuertes non escribía en galego, nós fixemos unha tradución do seu poema “La pata mete la pata”, e así, poder traballar no noso idioma.
Aínda que Federico non é nado na nosa terra o seu vencello con ela é fondo coma as raíces dun carballo. Por iso decidimos invitalo as nosas xornadas “Son de aquí” proxectando o seu documental “Amelia de Terra de Montes” a través do cal descubrimos o seu amor pola nosa natureza.
Natural de Mondoñedo (Lugo) e residente en Pontevedra, Federico defínese como “naturista, productor e realizador audiovisual de documentais de natureza e etnográficos, educador ambiental e presentador de programas radiofónicos de temática medio ambiental” como reza na autobiografía que encabeza o seu blogue Federico de la Peña- Divulgación Audiovisual.
(Caricatura realizada por Fernando Ruibal “TTai”)
Ademais colabora nas revistas “Periplo” (INCAFO) e “Vida Silvestre” (ICONA) e foi gañador de diferentes premios como:
.Víctor López Seoane (1982)
. Ciudad de Pontevedra a los valores científicos (1983)
. Galicia de Micoloxía (1994)
. Prisma “Casa de las Ciencias” (1996)
. Ferpalia (2005)
. Prisma “Casa de las Ciencias” (2010)
“Este ambicioso documental sobre a comarca de Terra de Montes permitiranos apreciar a fermosura dun lugar no que natureza e tradición permanecen inalteradas. Federico de la Peña será quen de amosarnos unha parte importante da vida animal e vexetal desta zona nun percorrido polas distintas estacións do ano, deténdose preferentemente no outono e na primavera. Neste camiño teremos a oportunidade, tamén, de ollar un tradicional aparello: o muíño, noutros tempos elemento de grande importancia económica e social.
É esta unha viaxe pola natureza de Terra de Montes da man de Amelia, unha anciá que vive soa e que serve de base para afondar nos valores paisaxísticos do lugar. Amelia achegaranos, así mesmo, vellas tradicións e lendas que aínda se manteñen vivas, contos que pasaron de xeración en xeración pero que corren o risco de se perder.
Tradición e modernidade mestúranse neste traballo: as novas xeracións, por unha banda, que foxen cara á cidade, e os vellos, pola outra, que se resisten a abandonar a súa aldea e a súa forma de vida. Amelia é, precisamente, unha desas anciás que elixiu pasar os seus últimos días soa pero na súa terra, na Terra de Montes.”
Contamos de novo coa presencia de Franciso Rozados “ROCHI” pois foi o asesor lingüÍstico deste proxecto. Despois de visualizar o documental veu a rolda de preguntas e, gracias as explicacións de Federico, descubrimos que tamén algúns dos animais que saían no video eran auténticos actores coma os xabarís Chelo e Carmen. Amelia é en realidade veciña dalgúns rapaces de 6º e que se convirtiu en actriz gracias ao casting de David Raposeiras, pois o seu papel ía ser para outra muller que falecera antes da rodaxe. Unha das tomas máis complicadas foi a das troitas que tivo a Federico cinco horas metido no río sen moverse cunhas botas dúas tallas máis pequenas. Ver a un ourizo cacho bocexando ou a unha águia cazando en paraxes tan coñecidos para todos nós fixo que o público non perdera detalle.
Aproveitamos para agradecerlles a ámbolos dous a súa desinteresada colaboración cun pequeno agasallo para que non se esqueceran de nós e arricámoslles o compromiso de vindeiras colaboracións.
A Secretaría Xeral de Política Lingüística vén de publicar os carteis e guías das Letras Galegas 2013, ademais dunha selección de materiais e recursos elaborados por distintos centros educativos cos que se pretende contribuír a un mellor coñecemento do destacado dramaturgo Roberto Vidal Bolaño.
Podedes acceder a ditas actividades clicando na imaxe.
Dende o CEIP Plurilingüe San Xoán de Filgueira proponnos este lim para achegarnos a figura de Roberto Vidal Bolano.
XOGAMOS con Roberto Vidal Bolaño
Co gallo das Letras Galegas 2013, Ana Piñeiro, do Ceip Frian Teis, realiza este xogamos sobre a figura do autor homenaxeado.
Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística
Esta é a páxina do equipo de Normalización Lingüística do CEIP Nosa Señora das Dores de Forcarei. Dende aquí queremos mostrarvos o noso traballo, e todo o que teña que ver coa nosa lingua.Escollemos o nome de Arxineando pois queremos facer unha homenaxe a unha das profesións que levaron o nome do noso concello polo mundo adiante, os Arxinas ou canteiros.Esperamos que disfrutedes co noso traballo e recordade...Badulemos Gallufo!
Recursos para o Samaín
Recursos para o Día da Paz
Recursos para o Entroido
Audiovisuais en galego
Coordinadora Galega de equipos de Normalización e Dinamización Lingüística