Lecturas para San Valentín

  Precioso e tenro libro publicado por Kókinos en galego, Adiviña canto te quero está escrito por Sam McBratney e ilustrado por Anita Jeram.Nel, dúas lebres intentan medir o seu amor pero acabarán descubrindo que é algo imposible de cuantificar. Imprescindible  para lerllo aos máis pequenos antes de ir durmir a través do cal comprenderán... Seguir lendo →

O GUERNICA: UN CADRO PARA A PAZ

Este ano os alumnos de 6º atopamos un cadro en internet que nos pareceu un tanto “rariño”. Entón decidimos investigar e quedamos sorprendidos por todo o que atopamos agochado nel. Resulta que é un cadro que simboliza a paz. Imos ver por que: Pablo Picasso pintou o cadro “Guernica “ no ano 1937, durante a... Seguir lendo →

Encontro de vellos

Ola a todas e a todos: Aquí estamos os nenos e nenas de 6º cunha sorpresiña. Non sei se recordaredes que fai uns dous ou tres anos tivemos aquí neste mesmo escenario unha representación do Entroido dunha zona veciña: a comarca da Ulla. Viñéronnos visitar daquela os “xenerais” cos seus “encontros” e “atranques”. Pois ben,... Seguir lendo →

Entroido 2013

Menudo venres tivemos no cole. Este ano rachamos na festa do Entroido: unha morea de increíbles disfraces , rosca e chocolate ata encher e música e diversión ata cansar. E ademais unha sorpresa dos rapaces de 6º que lle sacaron as cores a máis dun profe. Pero esto último deixámolo para outra entrada porque as... Seguir lendo →

Xoves de Compadres

Chegou o turno de que as rapazas desafiaran aos rapaces. Preguntádevos como rematou todo. Ollade, ollade... animoto 360p from María Abilleira Pomar on Vimeo.

NÓS TAMÉN CREAMOS!

A Secretaría Xeral de Política Lingüística xunto coa Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa convoca o premio a curtas de animación en galego elaboradas no marco do programa NÓS TAMÉN CREAMOS!.Este programa está dirixido aos centros de educación infantil e primaria de titularidade da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no... Seguir lendo →

Máis recursos para o Entroido

A Secretaría Xeral de Política Lingüística informounos de que están á disposición dos centros educativos e equipos de dinamización da lingua galega novos materiais e recursos relacionados coa celebración do ENTROIDO. Podedes consultalos clicando na seguinte imaxe:

Olivia recomenda

Nesta ocasión, Olivia de 6º, recoméndanos Poetízate de Fran Alonso. A POESÍA non morde. E, aínda que haxa quen pense o contrario, non é aburrida, romanticona nin difícil. Esta divertida antoloxía poética demostra o contrario. De Rosalía de Castro ás poetas novas, propoñémosche unha viaxe polos poemas máis próximos, divertidos e desenfadados da poesía galega.... Seguir lendo →

Actividades para o Entroido

É tempo de esmorga.Imos disfrutar deste Entroido cunha serie de interesantes Lims. Gracias a todos os seus creadores por compartir o seu traballo.Clicade na imaxe para acceder aos lims recollidos no blogue ACTIVIDADES LIM e .......disfrutade!!!!!    

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.

Subir ↑