Todos coñecedes A bruxa regañadentes ou Corre, corre Cabaciña. Pero que vos parece poder ver estes contos nun filme? A que sería divertido?
Pois a editorial OQO, atendendo as inquedanzas de pais e mestres para que novos materiais se incorporen a cultura audiovisual de calidade, e en galego, ás aulas, acaba de editar nove dos seus relatos máis coñecidos para ser gozados en formato audiovisual pois consideran que é ” un dos formatos actuais máis populares para a transmisión de contos”.
Os contos do camiño I ofrece unha calidade avalada por premios e candidaturas en festivais internacionais especializados como o Brasil Stop Motion, o Festival Internacional de animación de Annecy (Francia), o Festival Zlin (República Checa), o Festival de televisión infantil de Barcelona ou o Japan Prize 2012, co que a televisión pública xaponesa NHK recoñece os mellores produtos audiovisuais educativos do mundo.
Nesta nova publicación atoparedes os títulos máis coñecidos da editorial OQO.
A bruxa regañadentes
A cousa que máis doe do mundo
A grande viaxe
A tartaruga que quería durmir
Corre corre, cabaciña
Pedra, Pau e Palla
Rato Tom e rata Tomasa
Un gato na árbore
Bo cine de animación que toda a familia desexará ver.