Con Francisco Rozados “Rochi” e a revista “Metacios” o Equipo de Normalización inicia o espazo “Son de aquí”.
Rochi xa nos visitara o curso pasado para presentarnos en primicia a obra de monicreques titulada “O arxina e o felo” e, deixounos tan bó sabor de boca ,que quixemos devolverlle o seu agasallo iniciando con el esta serie de relatorios para dar a coñecer aos nosos nenos o valor da nosa cultura a través de distintos persoeiros relevantes da nosa terra.
Durante unha hora Rochi comparteu connosco o coñecemento,o amor e o orgullo que sente pola terra que o veu nacer e converterse nun dous máis ferventes difusores da cultura e tradicións dos nosos antergos. Con el comprendemos que o coñecemento das nosas raíces fainos ser quen somos e, que sen ela, perderíamos a nosa esencia e identidade.
O seu interese por manter viva a cultura do noso concello levouno a respaldar económicamente a continuación do proxecto Cotaredo, agora baixo o nome de Metacios. A revista continua coa temática da anterior publicación así coma co respaldo dos colaboradores habituais coma Xosé Luis Barreiro , José Raposeiras e Carlos Baliñas, entre outros.