A árbore dos Desexos

13As nenas e os nenos da aula de Pedagoxía Terapéutica decidimos decorar a nosa árbore de Nadal con adornos que fixemos nós soliños, bolas, campanas e a estrela! Logo puxémoslle as luces… e a brilar! Cremos que nos quedou xenial! Ti que pensas?

Tamén quixemos desexarlle a todas e a todos Bo Nadal e para eso utilizamos as letras magnéticas que temos na aula. Entón pensamos… por qué non convertila nunha árbore dos desexos? E así o fixemos.

Recortamos unhas caixiñas de regalo de distintas cores e deixámolas ó seu carón xunto cuns rotuladores eo celo, para que todos os nenos e nenas do cole, cando pasaran diante, poideran pegar o seu desexo se querían, e resultou que a maioría participaron e pediron un montón de cousas! Ata os máis pequeniños e os profes!

Nós, só esperamos que se cumpran todos esos desexos e que teñades un Bo Nadal. Para felicitarvos as festas deixamos aquí este video que nos gifs animados arboles,tree christmas (5)axudaron a facer os profes do Departamento de Normalización, Javier, María, Celso, Begoña e Patricia, porque claro… os vídeos aínda non sabemos facelos nós soliños! Pero seguro, que logo aprenderemos!

BO NADAL!

a árbore dos desexos from María Abilleira Pomar on Vimeo.

Categorías: Nadal, O máis xido dos arxinas | Etiquetas: | Deixar un comentario

Navegación de artigos

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Blog en WordPress.com.

A %d blogueros les gusta esto: