A Romancha das Corubelas do Richiváu 2012

A castaña ou Corubela do Richiváu (no verbo dos Arxinas) é un dos alimentos mais antigos da Humanidade.Ate fai poucos anos, era alimento base da poboación en forma de fruto fresco, seco, sen as súas peles, ou moída en fariña. Pero cando viñeron as patacas e o millo de América, pouco a pouco foi desaparecendo da nosa dieta.
As castañas prodúcense en Outono e no momento exacto de probar a chumieira (viño) nova, producido en setembro, asi como nos días en que se acompaña o cocho sacrificado, como regulamento, no dia de “San Martiño”, o dia 11 de novembro.
O Magosto prepárase con certa antelación, deséxase unha tarde soleada, os grupos pónense de acordo para coñecer ó que aportará cadaquén fundamentalmente castañas e viño novo (aínda que nalgúns lugares complétano con: chourizos, churrasco,…).Tamén esta celebración ten a súa hora, o Magosto tradicional enténdese como unha merenda-cea no mes de novembro nos días próximos ó día de defuntos ou polo San Martiño.
A festa non sería tal sen contar con xogos populares,xambrear (bailar), contar contos, gorear (cantar),…É común tiznarse a cara uns ós outros cos restos da fogata e saltala para que dea boa sorte.

Fonte do texto:Historia do Magosto do C.E.I.P. Baños de Molgas

Aínda que as cidades van crecendo e as tradicións vanse perdendo, o Magosto é unha das poucas que perdura nos nosos lares. E no noso colexio non íamos a ser menos.

OLLADE, OLLADE. MENUDA ROMANCHA!!!!!

magosto 2012 from María Abilleira Pomar on Vimeo.

Categorías: O Magosto | Etiquetas: | Deixar un comentario

Navegación de artigos

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Blog en WordPress.com.

A %d blogueros les gusta esto: