Arquivos mensuais: Novembro 2012

Unha de cogomelos!

O pasado martes, Roberto, un  inxenieiro técnico forestal do noso concello, veunos facer unha visita ao cole para explicarnos moitas cousas importantes e necesarias sobre os cogomelos. Pero que mellor que un de vos para contarnos algo máis sobre o que aconteceu ese día.

Clicade na imaxe para ver unha reportaxe dese día. Disfrutade!

Advertisements
Categorías: O máis xido dos arxinas, Xornadas de Micoloxía | Etiquetas: , | Deixar un comentario

OUTONO MICOLÓXICO

OUTONO: ÉPOCA DE COGUMELOS : O 21 de setembro empezou o outono. Esta estación caracterízase pola caída das follas das árbores, a emigración dalgunhas aves, a menor duración dos días, soutar as castañas, a vendima… e os cogumelos.

Mañá imos celebrar no colexio as 1º Xornadas de Micoloxía. Para iso imos contar coa presencia dun experto en cogumelos que nos vai a ensinar a distinguir os  comestibles dos tóxicos para que podamos ir ao monte a recoller setas con máis tranquilidade. Pero recordade que necesitamos da vosa axuda. Hoxe saíu un día perfecto para recoller distintos tipos de cogumelos. Cunha cestiña e a axuda dos vosas familias seguro que mañá temos unha morea de cogumelos.

Mans a obra, rapaces!

Pero se queremos preparar algo sobre os cogumelos, aquí vos deixo un powerpoint moi interesante. Seguro que despois de velo, temos moito que ensinarlle nós tameń ao noso invitado.

Video sobre os cogumelos en Galicia

Categorías: O máis xido dos arxinas, Xornadas de Micoloxía | Etiquetas: ,, | Deixar un comentario

A Romancha das Corubelas do Richiváu 2012

A castaña ou Corubela do Richiváu (no verbo dos Arxinas) é un dos alimentos mais antigos da Humanidade.Ate fai poucos anos, era alimento base da poboación en forma de fruto fresco, seco, sen as súas peles, ou moída en fariña. Pero cando viñeron as patacas e o millo de América, pouco a pouco foi desaparecendo da nosa dieta.
As castañas prodúcense en Outono e no momento exacto de probar a chumieira (viño) nova, producido en setembro, asi como nos días en que se acompaña o cocho sacrificado, como regulamento, no dia de “San Martiño”, o dia 11 de novembro.
O Magosto prepárase con certa antelación, deséxase unha tarde soleada, os grupos pónense de acordo para coñecer ó que aportará cadaquén fundamentalmente castañas e viño novo (aínda que nalgúns lugares complétano con: chourizos, churrasco,…).Tamén esta celebración ten a súa hora, o Magosto tradicional enténdese como unha merenda-cea no mes de novembro nos días próximos ó día de defuntos ou polo San Martiño.
A festa non sería tal sen contar con xogos populares,xambrear (bailar), contar contos, gorear (cantar),…É común tiznarse a cara uns ós outros cos restos da fogata e saltala para que dea boa sorte.

Fonte do texto:Historia do Magosto do C.E.I.P. Baños de Molgas

Aínda que as cidades van crecendo e as tradicións vanse perdendo, o Magosto é unha das poucas que perdura nos nosos lares. E no noso colexio non íamos a ser menos.

OLLADE, OLLADE. MENUDA ROMANCHA!!!!!

magosto 2012 from María Abilleira Pomar on Vimeo.

Categorías: O Magosto | Etiquetas: | Deixar un comentario

Blog en WordPress.com.