O 20 de marzo de 1963, tres membros da Real Academia Galega presentaron nesta institución unha proposta histórica: Que se declarase o dia 17 de maio de cada ano “Dia das Letra Galegas” como data para “recolle-lo latexo material da actividade intelectual galega”.
Manuel Gómez Román, Xesús Ferro Couselo e Francisco Fernández del Riego, expuñan que “con motivo de se celebrar aquel ano o centenario da publicación dos CANTARES GALLEGOS de Rosalia de Castro”, a Academia deberia consagrar, con carácter de perdurabilidade, o simbolismo da data nunha celebración anual.
Estimaban que o libro rosaliano editado en 1863 “foi a primeira obra maestra coa que contou a literatura galega contemporánea” e que “a súa aparición veu a lle dar prestixio universal á nosa fala como instrumento de creación literaria”, concluindo que representa “un fito decisivo na historia da renacencia cultural de Galicia”.
Propuñase o dia 17 de maio, ó ignorarse a data da publicación do libro, por ser nese dia cando Rosalia de Castro llo adicou á tamén poeta Fernán Caballero.
(Texto extraído da páxina http://www.diadasletrasgalegas.com)
Escritores homenaxeados dende que se celebrou o día das LETRAS GALEGAS o 17 de maio de 1963 ata o 17 de maio de 2012.
O himno galego é estreado en 1907 na Habana, froito, coma a bandeira e o escudo, da emigración. En 1908 farase oficial. Na súa elaboración conxúganse as partituras de Pascual Veiga e o poema Os Pinos de Eduardo Pondal. O motivo central e moi sinxelo: que Galicia esperte do seu soño e emprenda o camiño cara á liberdade.
O nome de Galicia non figura en ningunha parte do poema, como é habitual en Pondal, sendo substituído por Fogar de Breogán. Pídeselle que esperte do seu soño, que non esqueza as inxurias e que escoite a voz dos pinos rumorosos, que non é outra cosa que o pobo galego.
En 1975, durante uns actos folclóricos na festa do Apóstolo, a xente comezou a se levantar namentres o himno soaba. Ao año seguinte instaurouse esta costume de modo definitivo na Praza da Quintana, ratificado tamén polas autoridades asistentes.
(Texto extraído da páxina http://www.fillos.org/fillos/taboleiro/mensaxes/1161.htm)