O verbo dos arxinas

Neste recuncho queremos adicarlle un homenaxe os canteiros, os mismos que lle dan a bisbarra o seu segundo nome “Terra de Canteiros”, e que mantén tanta presenza en todo o que rodea esta terra.

 Os canteiros  ou arxinas caracterizábanse pola súa fala peculiar : o verbo dos arxinas (ar pedra e xino preparador) ou o latín dos canteiros.

A súa orixe está na necesidade de posuír un xeito propio de comunicárense  descoñecido para as persoas que estaban en contacto con eles e que non pertencían a súa profesión ou gremio. Só os canteiros estaban autorizados a coñecer e transmitir esta lingua aos seus aprendices, sen que ninguén alleo á profesión puidese ter acceso ao seu coñecemento, agás as súas mulleres.

O vocabulario de esta fala está formado por palabras relacionadas co traballo, as relacións afectivas e a vida cotiá como auga, viño, día, noite, madeira,…e outras que teñen relación co feiro de beber, saber, traballar ou falar.

Diccionario dos ARXINAS

                                              Aquí tendes un exemplo do verbo dos arxinas en forma de copla:

                                                   Jina racha, jina racha                                Chega noite, chega noite

                                                   jina si queres jinar;                                   chega, se queres chegar;

                                                   si foras lus de keikoa                                 se fose día de festa,

                                                   Nexo xerias esperar.                                   non te farías esperar.

A xerga dos arxinas ten as súas orixes en diferentes linguas pois os canteiros pasaban grandes tempadas noutras terras onde eran solicitados para traballar en obras de certa importancia (castelos, igrexias, catedrais, pontes,…). Así atopamos palabras que proceden do latín, vasco, grego, catalán, francés e castelán.

Desta fala tense recollidos hoxe en día arredor de 4.000 palabras, pois moitas se foron perdendo dado ao carácter oral e segredo desta fala, á  pouca formación escolar dos arxinas e á súa paulatina desaparición  .

Os canteiros tiñan algún outro código segredo de comunicación, como o que consistía en dar golpes co pico na pedra, que empregaban en casos especiais de necesitade. Outro era o de “darauga”, que consistía en pronunciar a palabra “auga” cunha entoación especial,o que significaba perigo ou alerta.

(Información procedente da publicación Os canteiros de Isabel Méndez Lojo  do Departamento de Educación e Acción Cultural do Museo do Pobo Galego)

Categorías: O máis xido dos arxinas, O verbo dos arxinas | Etiquetas: , | Deixar un comentario

Navegación de artigos

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.

A %d blogueros les gusta esto: